top of page

Concursos

Dende o Equipo de Normalizacion Linüística do CPI A Xunqueira cremos que a hai que darlles aos nenos un espazo no que poder mostrar o seu talento, e tamén cremos que ese talento ten que ser correspondido; por iso creamos unha serie de concursos repartidos en distintas datas do ano. Lembrade: todos podedes participar... e gañar!

Concurso de fotografía

No mes de maio celebrase o concurso de fotografía do centro co nome de: Aí vén o Maio!.

Neste concurso os rapaces teñen que presentar unha fotografía acompañada dun lema na que se reflicta o tema elixido en cada ano.

Concurso de marcapáxinas

 

Como parte dos festexos do Día das Letras Galegas e da Semana da Galeguidade, no centro celébrase o concurso de marcapáxinas. Cada neno pode presentar un marcapáxinas  referido ao homenaxeado de cada ano.

Concurso de postais de Nadal

 

Coincidindo coa festa do Nadal, no centro celébrase o concurso de postais de Nadal no que cada alumno ten que presentar unha postal de Nadal.

Todas as postais seran expostas no centro e haberá unha ganadora por cada etapa educativa.

bottom of page